RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2019 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao abeiro da Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería.
Ano: 2020
Co-Financia: Xunta de Galicia
Actuacións cofinanciadas:
A.Consellería de Política Social:
1.2.B.Medrando en Familia-Aprendendo a Educar.
1.2.G.Programas que contemplen actuacións de apoio ás familias e de conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos membros da unidade familiar.
1.2.I.Programa de apoio a familias monoparentais e familias en especial protección.
2.1.A.Programa de Necesidades Básicas.
2.1.B.Programa de Apoio á Inclusión Sociolaboral.
2.1.G.Laborando.
2.2.A.Programa de inclusión sociolaboral destinado a persoas sen fogar “Afouteza”.
2.2.C.Programa de inclusión residencial destinado a persoas sen fogar e sen aloxamento digno “Redes”.
2.3.A.Arrumí-Sisastrar.
2.4.B.Asistencia Migrante-Berce.
3.2.A.Entorno Maior II.
3.2.D.Programa de Promoción da Autonomía das Persoas Maiores en Situación de Vulnerabilidade.
3.2.G.”Bufarda”: Promoción da autonomía das persoas maiores en situación de vulnerabilidade.
3.2.N.Con-Vivindo.
5.2.A.Programa AIO.
5.2.B.Forward.
5.2.D.En Movemento.
6.1.B.Vínculos. Promoción da Acción Voluntaria que Fomente a Participación Activa das Persoas Voluntarias en Entidades de Acción Voluntaria.
Resolución do 27 de decembro de 2019, pola que se resolven as solicitudes de subvencións ao abeiro da Resolución do 9 de agosto de 2019, para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2019.
B.Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:
1.7.Programa de Promoción da Saúde Integral das Mulleres en Situación de Vulnerabilidade.