Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Ano: 2017-2018
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo – Feder
En data 10 de outubro de 2017, notifícase a resolución da Convocatoria de Subvencións ó abeiro da Orde do 12 de maio de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), conforme ás seguintes actuacións:
4.1.c.Renovación do ascensor, mellora de accesibilidade á entrada do edifcio e sectorización de accesibilidade á cociña e adaptación na protección de incendios no comedor social de Caritas Diocesana de Ourense (43.504,82€).
Os obxectivos estabrecidos enmarcados no desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
- Paliar situacións de fame por falla de recursos
- Promover o consumo dunha dieta equilibrada contribuíndo a previr trastornos alimenticios.
- Fomentar e consolidar hábitos de hixiene e orde.
- Posibilitar espacios de traballo de baixa esixencia para aquelas persoas usuarias do comedor social en situacións de grave exclusión social.
- Proporcionar a cobertura económica de necesidades básicas e relativas ós procesos de integración sociolaboral das persoas atendidas.
- Posibilitar e facilitar o acceso e mantemento das persoas participantes dunha vivenda digna.
- Facilitar a incorporación das persoas participantes a Itinerarios de Inserción Persoalizados como camiño cara á integración total.
- Coordinar intervencións cos recursos propios e alleos de formación e promoción da búsqueda activa de emprego.
- Implicar a toda a sociedade en procesos de acompañamento social a través da acción voluntaria con persoas en situación de vulnerabilidade.