Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Ano: 2020-2022
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo – Feder
En data 6 de outubro de 2020, notifícase a resolución da Convocatoria de Subvencións ó abeiro da Orde de 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexirán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020), conforme ás seguintes actuacións:
4.1.a. Centro de Día de Inclusión Social “Virxe de Covadonga”: 2020 (6.480,00€), 2021 (18.825,00€), 2022 (11.025,00€).
4.1.a.Centro de Transición á Vida Autónoma “A Valenzá”: 2021 (21.900,00€), 2022 (12.720,00€).
4.1.a.Comedor Social: 2020 (18.360,00€), 2021 (43.800,00€); 2022 (25.440,00€).
4.1.b.1.Servizo de Apoio ás Necesidades Básicas. Roupeiro: 2020 (3.000,00€), 2021 (10.500,00€), 2022 (6.500,00€).
4.1.b.2.OU_01/20 Competencias Clave: 2020 (1.009,55€).
4.1.b.2.OU_01/21 Competencias Clave: 2021 (3.365,18€).
4.1.b.2.OU_01/22 Competencias Clave: 2022 (3.494,61€).
4.1.b.2.OU_02/21 Alfabetización Dixital: 2021 (9.733,14€).
4.1.b.2.OU_01/22 Alfabetización Dixital: 2022 (6.626,82€).
4.1.b.2. Itinerarios de Transición ao Emprego: 2020 (9.577,82€), 2021 (43.669,68€€), 2022 (24.850,56€).
4.1.c.Reforma e aduisición de equipamento “Comedor Social”: 2021 (19.082,60€).
4.1.c.Adquisición de equipamento informático C.D.I.S. “Virxe de Covadonga”: 2021 (3.151,97€).
4.1.c.Aduisición de equipamento e material informático Centro de Transición á Vida Autónoma “A Valenzá”: 2021 (2.021,77€).
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
- Potenciar itinerarios de inserción persoalizados a través dunha formación básica e/ou prelaboral específica de cara a acadar un maior grao de empregabilidade das persoas participantes.
- Favorecer a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión a través do acceso e participación dos mesmos nos servizos de calidade (educación, sanidade, vivenda), así como accións de información, orientación e formación compensatoria e de cualificación persoal, actitudinal e de competencia laboral aos que non acceden polos cauces normalizados.
- Posibilitar o acceso a condicións de vida digna a persoas en situación de exclusión social poten-ciando o inicio de procesos de reincorporación sociolaboral.