Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Ano: 2022-2023
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo
En data 26 de outubro de 2022, notifícase a resolución da Convocatoria de Subvencións ó abeiro da Orde do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2022 e 2023, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, conforme ás seguintes actuacións:
4.1.a. Centro de Día de Inclusión Social “Virxe de Covadonga”: 2022 (12.480,00€), 2023 (11.880,00€).
4.1.a.Centro de Transición á Vida Autónoma “A Valenzá”: 2022 (12.240,00€), 2023 (12.080,00€).
4.1.a.Comedor Social: 2022 (24.480,00€), 2023 (24.160,00€).
4.1.b.1.Servizo de Apoio ás Necesidades Básicas. Roupeiro: 2022 (4.440,00€), 2023 (6.000,00€).
4.1.b.2.OU_01/23 Competencias Clave: 20223 (2.277,66).
4.1.b.2.OU_02/23 Alfabetización Dixital: 2023 (3.429,89.
4.1.b.2. Itinerarios de Transición ao Emprego: 2022 (10.128,89€), 2023 (16.345,56€).
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
- Potenciar itinerarios de inserción persoalizados a través dunha formación básica e/ou prelaboral específica de cara a acadar un maior grao de empregabilidade das persoas participantes.
- Favorecer a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión a través do acceso e participación dos mesmos nos servizos de calidade (educación, sanidade, vivenda), así como accións de información, orientación e formación compensatoria e de cualificación persoal, actitudinal e de competencia laboral aos que non acceden polos cauces normalizados.
- Posibilitar o acceso a condicións de vida digna a persoas en situación de exclusión social poten-ciando o inicio de procesos de reincorporación sociolaboral.