Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Ano: 2023-2025
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo
En data 9 de novembro de 2023, notifícase a resolución da Convocatoria de subvencións ao abeiro da Orde de 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexirán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, conforme ás seguintes actuacións:
4.1.a. Centro de Día de Inclusión Social “Virxe de Covadonga”: 2023 (14.800,00€), 2024 (24.700,00€), 2025 (10.000,00€).
4.1.a.Centro de Transición á Vida Autónoma “A Valenzá”: 2023 (17.120,00€), 2024 (29.280,00€), 2025 (12.080,00€).
4.1.a.Comedor Social: 2023 (34.240,00€), 2024 (58.560,00€), 2025 (24.160,00€).
4.1.b.1.Servizo de Apoio ás Necesidades Básicas. Roupeiro: 2023 (8.400,00€), 2024 (15.600,00€), 2025 (5.400,00€).
4.1.b.2.OU_01/23_Formación en competencias clave: 2023 (1.578,50€).
4.1.b.2.OU_01/24_Formación en competencias clave: 2024 (3.444,00€).
4.1.b.2.OU_02/24_Formación en competencias clave: 2024 (1.492,40€).
4.1.b.2.OU_01/25_Formación en competencias clave: 2025 (2.410,80€).
4.1.b.2. Itinerarios de Transición ao Emprego: 2023 (18.855,90€), 2024 (48.933,50€), 2025 (19.860,40€).
4.1.b.3.OU_02/23_Alfabetización de Adultos: 2023 (1.262,80€).
4.1.b.3.OU_01/24_Alfabetización de Adultos: 2024 (4.592,00€).
4.1.b.3.OU_01/25_Alfabetización de Adultos: 2025 (2.296,00€).
4.1.b.3.Verea (Inclusión residencial): 2023 (5.969,60€), 2024 (26.088,30€), 2025 (12.972,40€).
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
- Potenciar itinerarios de inserción persoalizados a través dunha formación básica e/ou prelaboral específica de cara a acadar un maior grao de empregabilidade das persoas participantes.
- Favorecer a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión a través do acceso e participación dos mesmos nos servizos de calidade (educación, sanidade, vivenda), así como accións de información, orientación e formación compensatoria e de cualificación persoal, actitudinal e de competencia laboral aos que non acceden polos cauces normalizados.
- Posibilitar o acceso a condicións de vida digna a persoas en situación de exclusión social poten-ciando o inicio de procesos de reincorporación sociolaboral.