Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

Ano: 2025-2027
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo
En data 3 de novembro de 2025, publícase a resolución da Convocatoria de subvencións ao abeiro da Orde de 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexirán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, conforme ás seguintes actuacións:
4.1.a. Centro de Día de Inclusión Social «Virxe de Covadonga»: 2025 (14.800,00€), 2026 (24.800,00€), 2027 (10.100,00€).
4.1.a.Centro de Transición á Vida Autónoma «A Valenzá»: 2025 (19.260,00€), 2026 (32.850,00€), 2027 (13.590,00€).
4.1.a.Comedor Social: 2025 (42.800,00€), 2026 (73.000,00€), 2027 (30.200,00€).
4.1.b.1.Servizo de Apoio ás Necesidades Básicas: 2025 (7.200,00€), 2026 (11.400,00€).
4.1.b.2. Itinerarios de Inclusión Básica: 2025 (20.057,00€), 2026 (42.339,68€), 2027 (17.676,04€).
4.1.b.2.Verea (Inclusión residencial): 2025 (19.744,26€), 2026 (28.318,22€), 2027 (12.679,80€).
4.1.b.3.OU_02/25_Alfabetización de Adultos: 2025 (1.992,54€).
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
- Potenciar itinerarios de inserción persoalizados a través dunha formación básica e/ou prelaboral específica de cara a acadar un maior grao de empregabilidade das persoas participantes.
- Favorecer a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión a través do acceso e participación dos mesmos nos servizos de calidade (educación, sanidade, vivenda), así como accións de información, orientación e formación compensatoria e de cualificación persoal, actitudinal e de competencia laboral aos que non acceden polos cauces normalizados.
- Posibilitar o acceso a condicións de vida digna a persoas en situación de exclusión social poten-ciando o inicio de procesos de reincorporación sociolaboral.




