A RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, publica a Resolución do 23 de xuño de 2025, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E) publica que:
– No Procedemento SI431A-liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A), Cáritas Diocesana de Ourense, co CIF R3200098F, a través do Proxecto Apoio terapéutico 2025: promovendo a atención integral, para o período comprendido entre o 1.10.2024 e o 30.9.2025, ten concedida a cantidade de 29.056,74€.

Ano: 2024-2025
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo
– No Procedemento SI431E-liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E), Cáritas Diocesana de Ourense, co CIF R3200098F, a través do Proxecto Sensibles-2025 ten concedida a cantidade de 14.426,56€.

Ano: 2024-2025
Co-Financia: Xunta de Galicia – Gobierno de España




