Subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral.
Ano: 2021
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo
En data 02 de xuño de 2021, publícase a resolución do 15/05/2021 da Convocatoria de Subvencións ó abeiro da da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, co código de procedemento SI431A para o desenvolvemento do seguinte programa:
- Apoio Terapéutico 2021: Hacia una atención integral. A concesión é pola contía de 38.195,71 €, por resolución notificada o 05/08/2021.
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento desta actuación son os seguintes:
o Manter e darlle continuidade a un espacio de seguridade, recuperación, restablecimiento e reflexión ás mulleres e fillos.
o Intensificar e fortalecer a presenza e a cercanía na rúa, nos locais, pisos e clubes de prostitución.
o Ofrecer atención especializada para dar unha resposta integral, tanto no ámbito psicolóxico coma social e xurídicoa, a súa realidade, destacando o traballo no eido da saúde.
o Respetar o ritmo do seu proceso así como cada unha das decisións que adopte.
o Cubrir as necesidades básicas, e normalizar o seu acceso a recursos públicos.
o Apoiar, e intervir en situacións de crise.
o Apoiar o retorno voluntario así como a reintegración no país de orixe, se así o demanda a persoa atendida..
o Posibilitar o acceso á formación compensatoria e instrumental, favorecendo os procesos de capacitación prelaboral de cara a inserción sociolaboral.
o Apoiar o proceso de consolidación e transición á vida autónoma.