Subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral.
Ano: 2018
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo
En data 4 de abril de 2018, notifícase a resolución da Convocatoria de Subvencións ó abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2017, pola que se restablecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, para o desenvolvemento do seguinte programa:
- Apoio Terapéutico: (20.576,65€).
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento desta actuación son os seguintes:
- Manter e darlle continuidade a un espacio de seguridade, recuperación, restablecimiento e reflexión ás mulleres e fillos.
- Intensificar e fortalecer a presenza e a cercanía na rúa, nos locais, pisos e clubes de prostitución.
- Ofrecer atención especializada para dar unha resposta integral a súa realidade, destacando o traballo no eido da saúde.
- Respetar o ritmo do seu proceso así como cada unha das decisións que adopte.
- Cubrir as necesidades básicas de alimentación, aloxamento, saúde e roupa, e normalizar o seu acceso a recursos públicos.
- Apoiar, e intervir en situacións de crise.
- Apoiar o retorno voluntario así como a reintegración no país de orixe.
- Posibilitar o acceso á formación compensatoria e instrumental, favorecendo os procesos de capacitación prelaboral de cara a inserción sociolaboral.
- Apoiar o proceso de consolidación e transición á vida autónoma.