Convenio para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.
Ano: 2017
Co-Financia: Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)
O Programa de Muller “Alumar”, de Cáritas Diocesana de Ourense, está a desenvolver un Proxecto de apoio integral, acollida e recuperación de mulleres vítimas de explotación sexual e trata de seres humanos, enfocado ó apoio de procesos de restablecemento emocional e persoal.
Os obxectivos enmarcados no desenvolvemento deste proxecto son:
- Acoller á muller e a súa familia facilitando un espazo de SEGURIDADE e CONFIDENCIALIDADE que lle permita iniciar un proceso de cambio e mellora integral.
- Acoller a toda muller que vivindo unha situación de vulnerabilidade acude ó centro de día, vivenda de transición a vida autónoma e unidade de rúa solicitando apoio.
- Eliminar calquera discriminación inxustificada.
- Fomentar unha convivencia fructífera e a aceptación de tódolos principios democráticos.
- Promove-lo autocoñecemento persoal e a mellora da competencia social.
- Promove-la cobertura das necesidades básicas.
- Impulsa-la compensación educativa e formativa.
- Proporcionar opcións de vida alternativas á supervivencia polo exercicio da prostitución
- Combate-las conductas que provoquen explotación.
- Mobilizar e sensibilizar á sociedade civil.
Esta actuación está cofinanciada polo Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata, asinado en Santiago de Compostela en data 4 de maio de 2017.