Subvencións a entidades de iniciativa social para a mellora das infraestruturas e de equipamento dos centros de protección de menores.
Ano: 2018
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo – Feder
En data 30 de outubro de 2018, notifícase a resolución da Convocatoria de Subvencións ó abeiro da ORDE de 27 de xullo de 2018 pola que se regulan as bases que rexirán o procedemento de concesión de axudas para a inversión na mellora das infraestruturas e de equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, conforme ás seguintes actuacións:
Obras menores: Illamento térmico nas fiestras de aulas de estudo e de tempo libre e cociña, engadindo elementos como mosquiteiras en cociña e comedor. Mellora e optimización da cociña: placas vitrocerámicas de indución, campá estractora e forno e cambio de iluminación. Pintura antifúnxica e antialérxica.
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
- Mellora das condicións dos e das menores do centro a través da adecuación do illamento térmico, eficiencia lumínica e optimización da zona de cociña.