Subvencións a entidades de iniciativa social para a mellora das infraestruturas e de equipamento dos centros de protección de menores.
Ano: 2020
Importe Concedido: 21.489,50€.
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo – Feder
Cáritas Diocesana de Ourense concorreu co Programa Operativo “FEDER GALICIA 2014-2020” á subvención publicada segundo a Resolución do 17 de decembro de 2019, nas que se estableceron as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social, convocadas para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
♦ O importe subvencionado foi destinado a mellora dos aseos do centro de atención integral de menores Xurde, mellorando as condicións de habitabilidade en canto ao saneamento e fontanería, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas en tres dos aseos do centro.
Dita concesión foi aprobada por Resolución do 12 de febreiro de 2020 e Cáritas Diocesana de Ourense executou o programa subvencionado no prazo e condicións establecidas na Resolución do 17 de decembro de 2019.
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
• Adecuación ás novas necesidades.
• Creación dun espazo máis saúdable para as persoas usuarias.
• Favorecer o coidado do medio ambiente.
• Creación de un espazo inclusivo adaptado ás necesidades de todas as persoas, independentemente das súas acaraterísticas físicas ou psíquicas.