Programa de Actividades Dirixidas a Persoas en Situación de Exclusión Social Severa e/ou Risco de Exclusión 2018
Ano: 2018
Co-Financia: Excmo. Concello de Ourense – Área de Asuntos Sociais
En data 18 de outubro de 2018, publicouse no Boletín Oficial da Provincia a resolución da Convocatoria de Subvencións a Entidades e Asociacións Sen Ánimo de Lucro en Materia de Servizos Sociais, aprobando a concesión de 30.653,00€ para a execución co-financiada do Programa de Actividades Dirixidas a Persoas en Situación de Exclusión Social Severa e/ou en Risco de Exclusión para o ano 2018.
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento deste programas son os seguintes:
- Facilitar axudas a cobertura de necesidades básicas (aluguer, suministros, saúde e hixiene, enseres e roupa) a familias de Ourense en situación e/ou risco de exclusión social.
- Posibilitar o exercicio do dereito a unha vivenda digna a través da posta a disposición de vivendas en réxime de aluguer protexido.
- Potenciar procesos persoalizados de inserción sociolaboral a través da formación prelaboral específica, de cara á mellora do grao de empregabilidade das persoas participantes.