Programa de axudas a alimentación cofinanciado pola Deputación Provincial de Ourense.

Ano: 2025
Co-Financia: Deputación Provincial de Ourense
En data 16 de xuño de 2025 a Deputación Provincial de Ourense aprobou a subvención para o Programa de axudas a alimentación 2025.
O Programa de a alimentación, de Cáritas Diocesana de Ourense, ten por obxecto principal mellorar a alimentación e a saúde das persoas e familias participantes, facilitando o aceso a unha tarxeta moedeiro para poder sufragar gastos en alimentación, e hixiene.
Os obxectivos enmarcados no desenvolvemento deste proxecto son:
1. Acoller, informar e orientar ás persoas en situación ou risco de exclusión social en materia de recursos sociais básicos e prestacións, para que poidan exercer os seus dereitos fundamentais.
2. Cubrir necesidades básicas urxentes de persoas en situación ou risco de exclusión social cando non poidan ser asumidas axeitadamente dende a Administración no eido da alimentación e da hixiene personal.
3. Contribuír a optimizar os recursos públicos e privados do territorio, complementando a súa acción e levando unha coordinación periódica.




