Proxecto de Apoio Terapéutico con mulleres vítimas de explotación sexual e/ou trata de seres humanos.
Ano: 2017
Co-Financia: Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)
Cofinancia: Fondo Social Europeo
O Programa de Muller “Alumar”, de Cáritas Diocesana de Ourense, está a desenvolver un Proxecto de apoio terapéutico a vítimas de explotación sexual e trata de seres humanos, enfocado ó apoio de procesos de restablecemento emocional e persoal.
Os obxectivos enmarcados no desenvolvemento deste proxecto son:
-
Priorizar a atención psicolóxica en crise, e a resposta inmediata ós chamamentos das autoridades para a atención de mulleres que se atopan en contextos de prostitución, explotación sexual e/ou son vítimas do delito de trata.
-
Realizar unha avaliación de impacto psicosocial con cada muller vítima de trata.
-
Levar a cabo o apoio psicolóxico inicial en relación ao período de restablecemento e reflexión (artículo 59 bis de LOEX), si así se require con mulleres vítimas de trata.
-
Facilitar a atención psicolóxica e intervención en crises a mulleres vítimas de trata detectadas pola nosa entidade no traballo de rúa e de achegamento ao medio.
-
Crear un Grupo de Saúde Integral co fin de desenvolver una intervención psicoterapéutica grupal.
-
Facilitar a formación compensatoria para iniciar a inclusión social activa no noso país.
-
Apoiar o retorno voluntario e a reintegración no seu país de orixe, se aí o decide a muller.
Esta actuación está cofinanciada ó abeiro da Resolución de 2 de xaneiro de 2017, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.