Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Ano: 2018-2020
Co-Financia: Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo – Feder
En data 23 de outubro de 2018, notifícase a resolución da Convocatoria de Subvencións ó abeiro da Orde de 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexirán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020), conforme ás seguintes actuacións:
4.1.a. Centro de Día de Inclusión Social «Virxe de Covadonga»: 2018 (8.736,00€), 2019 (20.832,00€), 2020 (12.012,00€).
4.1.b.2. Curso de Competencias Clave: 2019 (9.505,86€).
4.1.b.2. Itinerarios de Transición ao Emprego: 2019 (41.923,28€, 2020 (24374,00€).
4.1.c. Instalación Centro de Día de Inclusión Social «Virxe de Covadonga»: 2018 (7.335,50€).
4.1.c. Equipamento e Moblaxe Centro de Día de Inclusión Social «Virxe de Covadonga»: 2018 (10.634,13€).
4.1.c. Instalación e Equipamento Centro de Transición á Vida Autónoma «A Valenzá»: 2018 (4.885,01€).
Os obxectivos estabrecidos para o desenvolvemento destas actuacións son os seguintes:
- Potenciar itinerarios de inserción persoalizados a través dunha formación básica e/ou prelaboral específica de cara a acadar un maior grao de empregabilidade das persoas participantes.
- Favorecer a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión a través do acceso e participación dos mesmos nos servizos de calidade (educación, sanidade, vivenda), así como accións de información, orientación e formación compensatoria e de cualificación persoal, actitudinal e de competencia laboral aos que non acceden polos cauces normalizados.
- Posibilitar o acceso a condicións de vida digna a persoas en situación de exclusión social poten-ciando o inicio de procesos de reincorporación sociolaboral.